Publicacións

📅 10 FEBREIRO: FORMACIÓN NO CENTRO (by @paula_cernadas)

       Ola de novo! 👋      Levabamos tempo sen falarvos da nosa experiencia de difusión do curso feito con @russell1955 en decembro do pasado ano. Daquela nacera unha nova semente no corazón dos 15 participantes na formación que nos tivo compartindo convosco todas as novidades a diario.      Pasado o nadal e a resaca das uvas, voltamos aos nosos centros con folgos renovados e o desexo de partillar todo o aprendido. Porén, o fin do cuadrimestre bulía nas nosas testas. Irremediablemente chegaban as probas de progreso e, ademais, tocaba organizar a xuntanza virtual de representantes do alumnado. Porque si! temos presidente neste ano tan incerto e o noso alumnado será quen de transmitir as súas inquedanzas a través deste mediador tan entusiasta que é Xoán Xosé Pastoriza!     Coas probas á volta da esquina, tive mos que retomar ás aulas telemáticas. A alarma sanitaria non deixaba outra opción. Ensino en remoto que, de novo, reduce as horas de descanso e nos dilata as meniñas dos ollos sen

📅 18 DECEMBRO: A AUTONOMÍA DO ALUMNADO (by paula_cernadas)

Imaxe
 Ola a tod@s! 👋 A miña reflexión de hoxe comeza con certa morriña por ter rematado o curso. Temos encarado esta aventura con ánimo e chegamos ao final con folgos renovados e ateigad@s de ideas para implementar na aula. As que vos vou debullar hoxe inciden nun factor fundamental para o éxito da aprendizaxe: a autonomía do alumnado.💪 Un aprendiz autónomo é responsable do seu propio progreso porque posúe as estratexias para poder levalo adiante. Como docentes, o noso labor consistirá en proporcionar as ferramentas, fomentar un uso adecuado das mesmas e acompañalos nas súas reflexións de aprendizaxe. Pero seremos quen de aprendelos a que traballen de xeito autónomo, responsable e comprometido? Velaquí un reto por afrontar que pode resultar máis doado se consideramos o aprendido na xornada de hoxe.  Fágovos un resumo exprés a través da seguinte infografia . Son consciente de que o contido vai comprimido e, se cadra, algo "atrapallado". Pídovos desculpas por adiantado... pero a c

💻 17 DECEMBRO: AVALIACIÓN E AULAS HÍBRIDAS (by @MeryFer23)

Ola a tod@s!👋  Aquí estamos un día máis, compartindo con vós as conclusións ás que chegamos hoxe da man de Russell Stannard. O fío temático da xornada de hoxe foi a  avaliación formativa e sumativa e a modalidade híbrida .  🎯 AVALIACIÓN FORMATIVA E SUMATIVA A avaliación é un aspecto clave da práctica docente xa que permite que o profesor/a comprobe se o alumnado está realmente aprendendo. Nunha entorna virtual semella complexo atender ao factor humano, xa que non podemos interactuar físicamente co alumnado. Daquela, de que maneiras podemos garantir unha avaliación formativa de calidade nas nosas clases en liña? E posible combinar a avaliación sumativa e formativa? Para comezar, o portfolio dixital do que tanto temos falado neste curso, pode ser unha ferramenta clave para recoller o progreso do alumnado convertíndose nun instrumento de avaliación formativa e sumativa ao mesmo tempo. Por outra banda, redactar un portfolio semanalmente ou ao remate da unidade, contribúe á reflexión e

📅 16 DECEMBRO: COMO GRAVAR OS TEUS PROPIOS VÍDEOS SEN MORRER NO INTENTO (by @paula_cernadas)

Imaxe
Ola a tod@s!👋  Temos chegado ao ecuador da nosa aventura inglesa e con esta filosofía de Russel Stannard de ir de menos a máis, a curva de aprendizaxe empeza a custar... pero daremos chegado ao final da nosa travesía. A xornada de hoxe estivo, en gran parte, adicada ao potencial da grabación de pantalla e a como poder deseñar os nosos propios videos, de xeito grauito e intuitivo, por suposto. Como soa iso? 👌 O nome da ferramente é Screencast-o-matic , que implementada de xeito eficaz pode dar moita vida ás nosas clases en liña, e mesmo ás presenciais. Comezade por visualizar este vídeo introductorio e botade unha ollada ás luces e sombras do uso deste tipo de tecnoloxía no ensino mixto que vos comentamos a continuación. Se queredes tamén "trastear" un pouco, ide directamente ao  canal de YouTube de Russell. É súper recomendable! Agora que sabemos como utilizar a ferramenta, analicemos os aspectos a ter en conta para que o seu uso sexa realmente eficaz na nosa práctica

📅 15 DE DECEMBRO: UTILIZACIÓN DAS PLATAFORMAS (by @MeryFer23)

Imaxe
  Ola a tod@s!👋 Rematamos a segunda sesión do curso NILE sobre aprendizaxe mixta e a distancia impartido por Russell Stannard! Desta volta, como vedes, o tema principal foi como optimizar as plataformas de e-learning : Entre os múltiples consellos que recibimos do noso relator, velaquí vos deixamos os máis relevantes que de seguro darán un pulo ás vosas clases en liña: Tenta vencellar os contidos presentados na plataforma co traballo feito en clase. Deseña actividades nas que o alumnado sexa o verdadeiro protagonista. Comeza con actividades simples e progresa cara outras máis ambiciosas. Presenta os materiais de maneira consistente nas distintas unidades. Lembra incluír instruccións breves e precisas. Establece tarefas axustadas ao tempo estimado de traballo. Flexibiliza a metodoloxía e ofrece ao alumnado alternativas que se poidan adaptar ao seu ritmo de aprendizaxe. Tenta realizar un seguimento personalizado e continuo do desempeño do alumnado. Para isto podes empregar ferramentas c

📅 14 DECEMBER: OFF TO A RUNNING START (by @paula_cernadas)

Imaxe
Ola de novo!👋 Compráceme comunicarvos que temos sobrevivido á primeira sesión do día 14 de decembro💪. Ten sido intensa e extremadamente fructífera. Comezamos á primeira hora da mañá quentando motores cunha pequena tormenta de ideas sobre o ensino mixto: luces e sombras!. Reflexionar sobre as vantaxes e inconvenientes foi realmente útil: Para entrar de cheo en materia, traballamos diferentes tecnoloxías que poderemos implementar para o ensino en liña. Se cadra, o máis útil é a empregabilidade dos recursos presentados para calquera entorna de aprendizaxe: mixta, en liña ou híbrida.  Como conclusión do día de hoxe, gostaríame quedarme coas catro " Golden Rules " que, segundo Russell, garanten o éxito do ensino a distancia🎯: É chave conectar e interrelacionar os contidos dunha plataforma virtual, a que sexa que estemos a utilizar, cos contidos expostos na sesión presencial. Se somos quen de facer esa interconexión entre os elementos de ambas entornas, o éxito está asegurado🙏.

ENSINO MIXTO EN EOI: COMEZAMOS! (by @paula_cernadas)

Ola #EOIstas!  Estamos encantadas de presentarvos esta nova aventura! Somos María Fernández e Paula Gómez , profesoras de inglés na EOI de Pontevedra dos niveis C2 e C1 respectivamente. Arrancamos esta nova travesía da man do proxecto Erasmus+ K104 " Escolas que usan a aprendizaxe mixta para dialogar sobre pedagoxías interrelacionadas " que agrupa a todas as EOIs galegas. Agardamos mostrar aquí a nosa experiencia no curso " Blended Learning and Online Delivery in Language Education " impartido a distancia por Nile do 14 ao 18 de decembro de 2020.  Esta bitácora estará chea de reflexións, inquedanzas e propostas de actividades que iremos compartindo con vós durante a semana do curso para que a experiencia vaia máis aló das sesións que ámbalas dúas compartiremos co resto de participantes, procedentes de EOIs de toda a xeografía española, e con Russel Stannard , experto en aprendizaxe a distancia e fundador de   teacher training videos . Agardamos a vosa participació