📅 16 DECEMBRO: COMO GRAVAR OS TEUS PROPIOS VÍDEOS SEN MORRER NO INTENTO (by @paula_cernadas)
Ola a tod@s!👋 Temos chegado ao ecuador da nosa aventura inglesa e con esta filosofía de Russel Stannard de ir de menos a máis, a curva de aprendizaxe empeza a custar... pero daremos chegado ao final da nosa travesía. A xornada de hoxe estivo, en gran parte, adicada ao potencial da grabación de pantalla e a como poder deseñar os nosos propios videos, de xeito grauito e intuitivo, por suposto. Como soa iso? 👌 O nome da ferramente é Screencast-o-matic , que implementada de xeito eficaz pode dar moita vida ás nosas clases en liña, e mesmo ás presenciais. Comezade por visualizar este vídeo introductorio e botade unha ollada ás luces e sombras do uso deste tipo de tecnoloxía no ensino mixto que vos comentamos a continuación. Se queredes tamén "trastear" un pouco, ide directamente ao canal de YouTube de Russell. É súper recomendable! Agora que sabemos como utilizar a ferramenta, analicemos os aspectos a ter en conta para que o seu uso sexa realmente eficaz na nosa práct...