Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta ensinomixto

📅 18 DECEMBRO: A AUTONOMÍA DO ALUMNADO (by paula_cernadas)

Imaxe
 Ola a tod@s! 👋 A miña reflexión de hoxe comeza con certa morriña por ter rematado o curso. Temos encarado esta aventura con ánimo e chegamos ao final con folgos renovados e ateigad@s de ideas para implementar na aula. As que vos vou debullar hoxe inciden nun factor fundamental para o éxito da aprendizaxe: a autonomía do alumnado.💪 Un aprendiz autónomo é responsable do seu propio progreso porque posúe as estratexias para poder levalo adiante. Como docentes, o noso labor consistirá en proporcionar as ferramentas, fomentar un uso adecuado das mesmas e acompañalos nas súas reflexións de aprendizaxe. Pero seremos quen de aprendelos a que traballen de xeito autónomo, responsable e comprometido? Velaquí un reto por afrontar que pode resultar máis doado se consideramos o aprendido na xornada de hoxe.  Fágovos un resumo exprés a través da seguinte infografia . Son consciente de que o contido vai comprimido e, se cadra, algo "atrapallado". Pídovos desculpas por adiantado... pero a c...

📅 16 DECEMBRO: COMO GRAVAR OS TEUS PROPIOS VÍDEOS SEN MORRER NO INTENTO (by @paula_cernadas)

Imaxe
Ola a tod@s!👋  Temos chegado ao ecuador da nosa aventura inglesa e con esta filosofía de Russel Stannard de ir de menos a máis, a curva de aprendizaxe empeza a custar... pero daremos chegado ao final da nosa travesía. A xornada de hoxe estivo, en gran parte, adicada ao potencial da grabación de pantalla e a como poder deseñar os nosos propios videos, de xeito grauito e intuitivo, por suposto. Como soa iso? 👌 O nome da ferramente é Screencast-o-matic , que implementada de xeito eficaz pode dar moita vida ás nosas clases en liña, e mesmo ás presenciais. Comezade por visualizar este vídeo introductorio e botade unha ollada ás luces e sombras do uso deste tipo de tecnoloxía no ensino mixto que vos comentamos a continuación. Se queredes tamén "trastear" un pouco, ide directamente ao  canal de YouTube de Russell. É súper recomendable! Agora que sabemos como utilizar a ferramenta, analicemos os aspectos a ter en conta para que o seu uso sexa realmente eficaz na nosa práct...

📅 15 DE DECEMBRO: UTILIZACIÓN DAS PLATAFORMAS (by @MeryFer23)

Imaxe
  Ola a tod@s!👋 Rematamos a segunda sesión do curso NILE sobre aprendizaxe mixta e a distancia impartido por Russell Stannard! Desta volta, como vedes, o tema principal foi como optimizar as plataformas de e-learning : Entre os múltiples consellos que recibimos do noso relator, velaquí vos deixamos os máis relevantes que de seguro darán un pulo ás vosas clases en liña: Tenta vencellar os contidos presentados na plataforma co traballo feito en clase. Deseña actividades nas que o alumnado sexa o verdadeiro protagonista. Comeza con actividades simples e progresa cara outras máis ambiciosas. Presenta os materiais de maneira consistente nas distintas unidades. Lembra incluír instruccións breves e precisas. Establece tarefas axustadas ao tempo estimado de traballo. Flexibiliza a metodoloxía e ofrece ao alumnado alternativas que se poidan adaptar ao seu ritmo de aprendizaxe. Tenta realizar un seguimento personalizado e continuo do desempeño do alumnado. Para isto podes empregar ferrament...

📅 14 DECEMBER: OFF TO A RUNNING START (by @paula_cernadas)

Imaxe
Ola de novo!👋 Compráceme comunicarvos que temos sobrevivido á primeira sesión do día 14 de decembro💪. Ten sido intensa e extremadamente fructífera. Comezamos á primeira hora da mañá quentando motores cunha pequena tormenta de ideas sobre o ensino mixto: luces e sombras!. Reflexionar sobre as vantaxes e inconvenientes foi realmente útil: Para entrar de cheo en materia, traballamos diferentes tecnoloxías que poderemos implementar para o ensino en liña. Se cadra, o máis útil é a empregabilidade dos recursos presentados para calquera entorna de aprendizaxe: mixta, en liña ou híbrida.  Como conclusión do día de hoxe, gostaríame quedarme coas catro " Golden Rules " que, segundo Russell, garanten o éxito do ensino a distancia🎯: É chave conectar e interrelacionar os contidos dunha plataforma virtual, a que sexa que estemos a utilizar, cos contidos expostos na sesión presencial. Se somos quen de facer esa interconexión entre os elementos de ambas entornas, o éxito está asegurado🙏....

ENSINO MIXTO EN EOI: COMEZAMOS! (by @paula_cernadas)

Ola #EOIstas!  Estamos encantadas de presentarvos esta nova aventura! Somos María Fernández e Paula Gómez , profesoras de inglés na EOI de Pontevedra dos niveis C2 e C1 respectivamente. Arrancamos esta nova travesía da man do proxecto Erasmus+ K104 " Escolas que usan a aprendizaxe mixta para dialogar sobre pedagoxías interrelacionadas " que agrupa a todas as EOIs galegas. Agardamos mostrar aquí a nosa experiencia no curso " Blended Learning and Online Delivery in Language Education " impartido a distancia por Nile do 14 ao 18 de decembro de 2020.  Esta bitácora estará chea de reflexións, inquedanzas e propostas de actividades que iremos compartindo con vós durante a semana do curso para que a experiencia vaia máis aló das sesións que ámbalas dúas compartiremos co resto de participantes, procedentes de EOIs de toda a xeografía española, e con Russel Stannard , experto en aprendizaxe a distancia e fundador de   teacher training videos . Agardamos a vosa participació...