Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta día4

💻 17 DECEMBRO: AVALIACIÓN E AULAS HÍBRIDAS (by @MeryFer23)

Ola a tod@s!👋  Aquí estamos un día máis, compartindo con vós as conclusións ás que chegamos hoxe da man de Russell Stannard. O fío temático da xornada de hoxe foi a  avaliación formativa e sumativa e a modalidade híbrida .  🎯 AVALIACIÓN FORMATIVA E SUMATIVA A avaliación é un aspecto clave da práctica docente xa que permite que o profesor/a comprobe se o alumnado está realmente aprendendo. Nunha entorna virtual semella complexo atender ao factor humano, xa que non podemos interactuar físicamente co alumnado. Daquela, de que maneiras podemos garantir unha avaliación formativa de calidade nas nosas clases en liña? E posible combinar a avaliación sumativa e formativa? Para comezar, o portfolio dixital do que tanto temos falado neste curso, pode ser unha ferramenta clave para recoller o progreso do alumnado convertíndose nun instrumento de avaliación formativa e sumativa ao mesmo tempo. Por outra banda, redactar un portfolio semanalmente ou ao remate da unidade, contribúe...